Chusa Pérez de Vallejo
Profesora, actriz, bailarina e intérprete de Lingua de Signos (Santiago de Compostela, 1976)
Traballa en varios formatos: teatro de rúa, teatro infantil, espazos informais, danza, maxia. Estudou nas distintas cidades onde residiu: Espazo Aberto, Lecoq, Decroux, Teatro Político da Universidade Politécnica de Madrid. Posteriormente tamén traballou en Arxentina, Brasil, Perú e Uruguai.
Fórmase con Moisés Mato López en Teatro de la Escucha. É a responsable do Encontro Internacional de Teatro e Compromiso “Plataforma de Desalambrar” desde o ano 2002, no que se programaron expoñentes do Teatro Internacional como Cesar Brie, Julián Boal, Cesar Escuza, Sanchís Sinisterra, Ricardo Talento.
En 2006 crea a compañía de teatro «Los Últimos», que traballa, imparte formación e crea proxectos escénicos con colectivos desfavorecidos (prostitución, persoas sen fogar, inmigrantes, centros de menores, discapacitados, centros de saúde).
De regreso a Santiago de Compostela, entra a formar parte do elenco de «O Charco de Ulises», producida polo CDG (2020/21). Despois de realizar unha residencia artística sobre inclusión, encárgase da accesibilidade en Lingua de Signos dos espectáculos producidos polo CDG.